martes, 29 de abril de 2014


MÁIS IDADE MEDIA

Na aula das xoaniñas, a pesares de marchar unha semaniña de vacacións, voltamos con gañas de seguir aprendendo cousas novas da época medieval. Por iso continuamos en marcha co proxecto dos castelos.
 E para seguir coñecendo aspectos deses tempos, Aroa trouxonos á aula un traxe de muller típico da época para que vísemos que antes non vestían igual que agora e que observásemos como eran as roupas da xente de clase baixa.
Mirade que guapa estaba.


martes, 22 de abril de 2014


PREPARAMOS CACAO
O xoves 10 de abril puxemos fin á nosa viaxe por América Latina cunha actividade estrela que a todos e a todas nos gustou moito: a realización dun taller de cacao.
Para levalo a cabo contamos coa axuda dos papás de Nuno e Lola, pois eles foron os que nos explicaron todo o proceso de elaboración.
Pero ademais de pasalo moi ben aprendimos moitas cousiñas referentes a esta temática grazas á súa colaboración.
O primeiro que soubemos é que os grans de cacao sácanse duns froitos que nacen nunhas árbores como estas.
Coñecido isto puxémonos mans á obra e comezamos co proceso de elaboración.
Para iso, tostamos os grans de cacao…


Pelámolos…

Machacámolos todos ben e pasámolos polo muíño ata que quedaron feitos case polvo….

Mesturámos o polvo de cacao con azucre; pois o cacao so é amargo.

E por último degustámolo nun vaso de leite




miércoles, 9 de abril de 2014


COÑECEMOS PUERTO RICO

O venres pasado grazas á nai de César que veu á aula traballar con nós aprendimos moitas cousas desta illa situada entre océano Atlántico e o mar Caribe; pois o avó de César vivíu alí.
Ademais de contarnos un pouquiño da súa historia, explicounos algunhas das súas características máis chamativas  e amosounos dous instrumentos musicais moi típicos da zona; uns timbales e unha guaracha.
Mírade que ben o pasamos e canto aprendimos!!!!!





jueves, 3 de abril de 2014



PREPARAMOS MATE

As xoaniñas hoxe contamos coa visita da mamá de Aroa a cal veu á aula contarnos que é o mate, como se prepara, que utensilios necesitamos para tomalo,...
Tamén nos trouxo para degustar unhas tostadas untadas con dulce de leite; pois trátase dun producto orixinario desta zona latina.


miércoles, 2 de abril de 2014


A IDADE MEDIA
Dende hai unhas semanas a aula das xoaniñas comezamos un novo proxecto de traballo centrado na IDADE MEDIA; xa que se trata dunha temática que a todos e todas nos gusta e interesa moito. Xa sabemos moitas cousas dos castelos, dos cabaleiros medievais, das princesas,… pero aínda queremos aprender moito máis.
Por iso desde o minuto un estas xoaniñas xa comezaron a  buscar coas familias informacións e materiais relacionados co tema, que nos poidesen servir.
Mirade, Daniela trouxónos este libriño ilustrado que conta como era un Castelo e a vida nel.

Lola recolleu neste mural  algúns dos edificios e monumentos máis destacados de Betanzos construidos e alusivos a esta época.


Sara ensinounos un traxe típico de muller da Idade Media. Mirade que guapa está!

Hugo sorprendeunos cun gran Castelo de cartón  que el memo construíu coa axuda dos seus papás. Está chulísimo e gústanos moito.



Lucía trouxonos un quebracabezas relacionado con esta temática co que disfrutamos moito.


E Mariña tamén colaborou traendo un vídeo " LA LEYENDA DEL CASTILLO DE LOS DIENTES"

Estamos moi entusiasmados por seguir descubrindo e aprendendo cousas destes tempos.  Así que seguiremósvos contando.