miércoles, 25 de febrero de 2015

O noso Entroido


Estas semanas de Entroido estivemos moi ocupados, fixemos gorros, máscaras e tivemos a visita dun boteiro.
Ana, o boteiro, ensinounos o seu traxe artesanal, a máscara, o bombo dos folións que acompañan aos boteiros... Aprendimos moitísimo.




 








O profe Ricardo tamén nos trouxo unha máscara de Vergalleiro de Sarreaus. 


  


E nós fixemos algúns gorros e máscaras. Fixemos estos de pirata e de faro máis sinxelos,





 e unha máscara do mar con Mónica , a nai de Lola





Tamén fixemos unha máscara de peliqueiro coa axuda de Vanesa y de María, as nais de Hugo e de Uxía. Esta foi un pouquiño máis difícil, pero con axuda quedounos xenial.






















E , por suposto, fixemos unha festa de disfraces do mar






























Grazas a todos por participar!!!!

jueves, 5 de febrero de 2015

Día da Paz

O venres 30 de xaneiro, fixemos unha saída á Senra para celebrar o día da Paz cos nenos e nenas das outras escolas.
Foi unha saída pasada por auga.
Alí tivemos a visita da escritora e a ilustradora do libro Man,  o alemán de Camelle.
Este libro xa o viramos na escola con Isa e gustounos moito a historia que conta. Elaboramos un mural todas as escolas de Camelle coas súas casas, o mar, etc
A escritora contounos como surxira a idea de escribir o libro e a ilustradora explicounos cómo fixera os debuxos . Foi moi interesante.
Despois pintamos unhas pedras como se fosen as do museo de Man en Camelle.
Por último, cantamos unha canción da paz que aprendimos coa profe María.