jueves, 27 de febrero de 2014


CARNVAL, CARNAVAL

Este luns, as xoaniñas comezamos a semana preparándonos para o entroido. Para isto, realizamos un obradoiro no que fixemos diferentes complementos para os nosos disfraces: orellas de coello, coroas de indio, paxaritas de paiaso, máscaras, traxes de xoaniñas,...
Para a súa realización contamos con un grupo de mamás que viñeron á aula botarnos unha man. 
Dende aquí aproveitamos novamente para darlles as grazas.


 


TINTE VEXETAL

O proxecto da Eiruga Larpeira, no que xa levamos traballando dende a volta do Nadal e co que estamos a coñecer unha morea de cousas sobre os alimentos e os hábitos saudables, esta vez levounos a descubrir que os vexetais (ademais de para comer) tamén se poden empregar para facer tintes. Pois con eles e con outros elementos que atopaban na natureza era co que os nosos antepasados elaboraban as súas pinturas.
Para facelos nós empregamos zenorias, remolacha, grelos, azafrán e café. 
Mirade que coloridos nos quedaron.





Pero para isto traballamos moito:

 Unha vez os tivemos feitos usámolos para facer distintas pinturas con pinceis e palliñas. Foi moi divertido.


lunes, 10 de febrero de 2014


SEGUIMOS EN NORTEAMÉRICA

Día a día os nenos e nenas da aula das xoaniñas imos aprendendo e descubrindo cousas novas deste lugar. A verdade é que estamos moi contentos porque ademais de todo o que traballamos na clase, cada día traen un montón de materiais e informacións da casa cos que aprendemos cousas novas.
Este día, os materiais trouxéronnos os dous Alejandros que temos na clase. 
Un troúxonos este comic que narra a historia de Norteamérica.



E o outro unha morea de información e fotografías que México.


 
A TRIBÚ DAS XOANIÑAS

O pasado xoves vistiounos a mamá de Hugo para explicarnos a historia dos indios de Norteamérica, a partir dunha maqueta que fixo a familia de Hugo. Grazas a ela tamén aprendimos como vivían, a que se dedicaban, cales eran as súas costumes...Pero isto non foi todo, pois tamén coñecimos as súas ferramentas de caza e o importante que era para eles a pipa da paz.
E unha vez que aprendimos todas estas cousas, convertímonos en indios e montamos nun cabalo indio que Vanesa tamén nos trouxo para que vísemos. Pasámolo xenial e aprendimos unha morea de cousas. 
Dende aquí aproveitamos para darlle de novo as grazas pola súa colaboración.












lunes, 3 de febrero de 2014



SEGUIMOS POR NORTEAMÉRICA CON MADLENKA

Pouco a pouco a clase das xoaniñas imos aprendendo e descubrindo máis cousas da cultura e das costumes de Norteamérica. A verdade é que estas xoaniñas son moi traballadoras, pois cada día traennos á aula distintos materiais relacionados con esta temática que buscan e elaboran coas súas familias.

Esta vez, as achegas viñeron de Lola, Sara, Álvaro e Christian.
Lola trouxonos un libro de Nova York que recolle unha morea de cousas desta cidade. E un cadernillo moi bonito que fixo cos pais no que nos aporta moitos datos de Nova Orleans.


 Sara ensinounos como son os dólares, achegounos un libriño de imaxes no que aparece moita información de América do Norte e amosounos un pano no que aparece a famosa águia.


Álvaro e Christian explicáronnos, por medio de este libro, distintas cousas duns antigos habitantes destas terras; os indios.
 


DÍA DA PAZ

O pasado xoves 30 de xaneiro, os nenos e nenas da escola de Carrio fomos o edificio da Senra para festexalo Día da Paz  en compañía dos compañeiros e compañeiras das outras escolas do CRA.

Á verdade é que o pasamos bomba; pois fixemos distintas actividades que, ademais de ser divertidas, servíronnos para traballar e recordar moitos  valores necesarios para acadar a Paz no mundo como: o compañerismo, o respeto, a bondade, o saber perdoar, as actitudes de axuda cara os demais, a gratitude, a xenerosidade, …

Para iso, en primeiro lugar, os nenos e nenas das distintas escolas presentaron ó resto de compañeiros o dereito da infancia que estiveran traballando eses días na aula coa súa mestra. Nós ensinámoslles o libriño que coa axuda das familias fixemos para traballar o dereito de identidade e explicámoslles o que investigamos sobre o significado dos nosos nomes.





 Logo baixamos ó ximnasio realizar distintos xogos basados no traballo en equipo. 





Tamén recibimos a visita de Anxo Moure o cal nos narrou unhas historias que nos gustaron moito.




 Xa para finalizar a saída, todos xuntos cantamos a canción que a profe María nos ensinou e soltamos unhas pombas  para que levaran a Paz polo mundo adiante.