Estas semanas de Entroido estivemos moi ocupados, fixemos gorros, máscaras e tivemos a visita dun boteiro.
Ana, o boteiro, ensinounos o seu traxe artesanal, a máscara, o bombo dos folións que acompañan aos boteiros... Aprendimos moitísimo.
O profe Ricardo tamén nos trouxo unha máscara de Vergalleiro de Sarreaus.
E nós fixemos algúns gorros e máscaras. Fixemos estos de pirata e de faro máis sinxelos,
e unha máscara do mar con Mónica , a nai de Lola
Grazas a todos por participar!!!!