miércoles, 17 de junio de 2015

Clasificamos algas

Estamos feitos uns biólogos mariños. Nuno trouxo unhas algas do Grove, e tivemos a sorte de que a profe María, deixounos un algario e un libro guía de clasificación de algas e puxémonos mans á obra.









martes, 9 de junio de 2015

VISITA AO CPI CRUZ DO SAR

Todos os anos preparamos un tema conxunto co Cruz do Sar. Este ano era " A provincia da Coruña". Dende o Cra o que fixemos foi traballar cada escola sobre un porto da Coruña, e na nosa escola estudiamos o porto de Lorbé.
Fixemos cada aula unha maqueta do porto que traballamos e entre todos os alumnos/as do CRA fixemos un póster xigante.
Todo esto é o que expuxemos no Cruz do Sar.
Para facer a maqueta e o mural enviamos á nosa mascota, o mexillón Ramón, a sacar fotos a Lorbé e a investigar o que había. 













Quedou fenomenal, son uns artistas.
E o martes no Cruz do Sar vimos as maquetas de todas as escolas, o traballo que fixeron os maiores sobre A Coruña, comimos, bailamos, cantamos....festa rachada!








miércoles, 3 de junio de 2015

Aniversario de Christian

Esta semana tivemos outra festa de aniversario, o de Christian, xa 5 anos.
Comimos tartas riquísimas feitas pola súa nai.
Moitas felicidades Christian!!!!!!




lunes, 1 de junio de 2015

Aniversario de Uxía

O luns 25, tivemos o aniversario de Uxía que cumplía 4 anos. Tomamos unha tarta moi rica feita pola súa nai.
Moitas felicidades Uxía!!!