jueves, 21 de noviembre de 2013

Aprendemos a facer sushi

Os pais de Nuno e a nai de Lola viñeron á escola a explicarnos como se fai sushi.
Trouxeron moitos ingredientes e utensilios para facelo.
Era fácil e gustounos moito.
O máis divertido foi comelo cos palillos xaponeses que nos trouxeron.
Moitas grazas a estes papás por participar no noso proxecto








Viaxamos a Xapón con Madlenka

Este ano comezamos as viaxes con Madlenka por Xapón. 
É un país moi interesante e estamos aprendendo moitas cousas.
Como sempre as familias trouxeron obxectos e información sobre Xapón.
Mirade o que nos ensinaron:










jueves, 7 de noviembre de 2013

Celebramos o Magosto

Como en anos anteriores celebramos o magosto todas as escolas do CRA xuntas. Na Senra vimos un contacontos moi divertido, "Bailando con contos". Despois visitamos a exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar, son uns artistas.
Por último comimos as castañas asadas que estaban riquísimas.
Aquí tedes algunha fotiño.