miércoles, 4 de junio de 2014



FACEMOS UN MURAL DO LAVADEIRO DE CARRIO

Despois de visitar o lavadeiro de Carrio e ver como é, de que está feito, para que se empregaba antigamente, para que se usa na actualidade, ....  as bolboretas e as xoaniñas quixemos plasmar todo o aprendido nun mural que nos quedou así que bonito.



VISITAMOS A LAVADEIRO DE CARRIO

Hai uns días a aula das bolboretas e das xoaniñas fixemos xuntos unha camiñata por Carrio para coñecer máis de preto algúns dos seus lugares máis característicos e así poder seguir traballando e aprendendo cousas relacionadas co Proxecto de Bergondo que estamos estudando.

Así pois, armámosnos de gorras, mochilas e chalecos e botámonos a andar para visitar o lavadeiro e  o parque.