Chegamos a Norteamérica
Tras investigar e aprender una morea de cousas de Xapón,
neste segundo trimestre abandonamos o continente asiático para viaxar con
Madlenka ata América do Norte e así poder coñecer os lugares, monumentos, personaxes, costumes,… máis destacados, especialmente os de Nueva
York, pois é a cidade na que Madlenka vive.
Para iniciarnos nesta aprendizaxe, os alumnos e alumnas da aula
das xoaniñas xa comezaron a traer a escola distintos materiais relacionados con
esta temática.
A primeira achega fixoa Lucía, traéndonos, ademais de
distintas informacións e imaxes das paisaxes e monumentos máis característicos desta zona,
unha Estatua da Liberdade algo máis pequeniña que a orixinal e un libriño.
Daniela ensinounos un libro de animais de todo o mundo, no
cal poidemos coñercer as especies propias da terra de Madlenka, e postais tan
bonitas coma estas.
Sara e Martín tamén nos trouxeron moita información.
Moitas grazas por todos estos materiais familias.
Esta viaxe
aínda acaba de comezar, así que xa vos iremos contando e amosando máis cousiñas.