ANIVERSARIOS


ANIVERSARIO ALEJANDRO
Alejandro tamén quixo celebrar por adiantado o seu aniversario antes de marchar de vacacións, para así poder festexalo na aula con todos os nenos e nenas.
para convidarnos trouxonos unhas cereixas que estaban moi boas, un bizcoito que segundo nos contou fixo el coa axuda da nai e unhas larpeiradas. Pasámolo xenial.



 

ANIVERSARIO DE LUCÍA

O venres pasado fixemos unha merenda especial para festexar por adiantado o aniversario de Lucía,  pois aínda que  non cumpre anos ata o mes que ven; quixoo celebrar con tódalas xoaniñas na aula antes de marchar de vacacións de verán. Para iso trouxonos un bizcoito riquísimo e unhas lambetadas que tamén nos gustaron moito.








ANIVERSARIO DE CHRISTIAN

Este luns demos comezo á semana festexando o aniversario de Christian, que xa cumpriu 4 anos. Para celebralo, logo de cantarlle unhas cancionciñas para felicitala e de entregarlle o libriño co que as xoaniñas obsequiamos a todos os nenos/as de cumple, convidounos a un bizcoito con chocolate e a unhas rosquillas que nos encantaron.




ANIVERSARIO DE ADRIÁN

O venres 26 de abril volvemos estar de celebración na aula das xoaniñas. Esta vez foi para festexar o aniversario do noso compañeiro Adrián que cumpriu 5 anos.
Ademais convidounos a un bizcoito e a unhas cantas larpeiradas.





ANIVERSARIO DE AROA 

O martes 22 de abril voltamos das vacacións de Pascua festexando o aniversario dunha das nosas xoaniñas; Aroa, a cal cumpriu xa 5 aniños e quixo celebralo con todos nós.
Mirade que boa pinta tiña o bizcoito que súa nai lle fixo para convidarnos.






ANIVERSARIO DE HUGO

Onte a aula das xoaniñas festexamos o aniversario de Hugo que xa cumpriu 4 aniños. Para celebralo  convidounos a un bizcoito riquísimo que él mesmo cociñou coa súa nai. Ademais repartiunos unha pequena larpeirada.



ANIVERSARIO DE ÁLVARO

Onte voltamos das vacacións de Entroido festexando o aniversario de Álvaro que xa cumpriu cinco aniños. Para convidarnos trouxo un rico bizcoito de chocolate e unhas galletas con forma de antifaz que nos gustaron moito. 








ANIVERSARIO DE ALEJANDRO E MARIÑA

Este mércores Mariña e Alejandro estiveron de aniversario. Xa son un aniño máis maiores. Para festexalo trouxéronnos cadansúa tarta. A verdade é que estaban boísimas. 
Mirade que ben o pasamos.






ANIVERSARIO DE DANIELA 

Hoxe demos comezo á semana festexando o aniversario de Daniela, que xa cumpriu 4 anos. Para celebralo, logo de cantarlle unhas cancionciñas para felicitala e de entregarlle o libriño co que as xoaniñas obsequiamos a todos os nenos/as de cumple, convidounos a unha tarta de tiramisú que nos gustou moito.





ANIVERSARIO THOMAS

Este pasado venres, a clase das xoaniñas despedimos a semana celebrando a festa de aniversario de Thomas, que xa cumpriu 5 aniños. Para festexalo convidounos a un rico bizcoito que traía sorpresas...




ANIVERSARIO MATEO 

Hoxe na aula das xoaniñas estivemos de celebración, pois Mateo quixo festexar con nós o seu cumple. Para iso troúxonos un bizcoito riquísimo que, segundo nos contou, fixo el coa madriña.






ANIVERSARIO DE LOLA
Este luns celebramos o cumple de Lola que xa cumpriu 4 aniños. Para festexalo trouxonos un bizcoito que estaba boísimo.









ANIVERSARIO DE SARA

O dia 19 foi o aniversario de Sara. Cumpría 4 aniños e así o celebramos...






ANIVERSARIO DE MARTA

Xa celebramos o cumple de Marta, estaba moi emocionada!
O celebramos o venres 9 de novembro e trouxo unha tarta riquísima.









ANIVERSARIO DE MARTÍN

O martes 5 de novembro celebramos o aniversario de Martín. Viña moi contento e trouxo unha tarta riquísima!









ANIVERSARIO DE CÉSAR


Empezamos os cumples deste curso 2013-2014.

O primeiro en celebrar o seu aniversario é César. Cumple 3 aniños e mirade que tarta máis rica fixo coa súa nai.







Felicidades!!!!Estaba riquísima.






QUE GUAPO ESTABA ALVARO NO SEU ANIVERSARIO


E QUE BOAS ESTABAN AS GALLETAS QUE FIXO CON MAMÁ E CON ANDREA





ADRIÁN QUISO CELEBRAR CON NÓS O SEU CUMPRE CUN BISCOITO RIQUIIIIISIMOO







video



O LUNS CUMPRIU ANOS AROA 4 ANOS



 A TARTA ESTABA BOÍSIMA 






         ATA TOMAMOS CHAMPÁN











                                                                                  E A TARTA TIÑA SORPRESA!!!




HOXE FOI O ANIVERSARIO DE THOMI


 SOPROU 4 VELAS







E CONVIDOUNOS A  BISCOITO

NÓS CANTÁMOSLLE HAPPY BIRTHDAY











ASÍ LLE CANTAMOS A SARA NO SEU ANIVERSARIO

video

FELICIDADES SARA!!! (19-11-2012)



O 25 DE NOVEMBRO CUMPRIU ANOS LOLA, E ASÍ O CELEBRAMOS NA CLASE DAS XOANIÑAS




FELICIDADES LOLA!!! (26-11-2012)

5 comentarios:

  1. Da gusto ver como se fan maiores e máis vendo o ben que o pasan e o felices que son.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É certo que medran moito porque comen moita verdura (din eles)

      Eliminar
  2. Para cando os aniversarios do verán? Xa temos gañas de velos xunto coa festa de despedida do curso pasado ;)

    ResponderEliminar
  3. Para cando os aniversarios do verán? Xa temos gañas de velos xunto coa festa de despedida do curso pasado ;)

    ResponderEliminar
  4. Xa me parecía a mi que estábades medrando moito, claro e que celebrades moitos cumples e que guapísimos estades todos!!! Xa estou saboreando esas tartas taaan ricas.....Bicos e felices aniversarios

    ResponderEliminar