jueves, 7 de noviembre de 2013

Celebramos o Magosto

Como en anos anteriores celebramos o magosto todas as escolas do CRA xuntas. Na Senra vimos un contacontos moi divertido, "Bailando con contos". Despois visitamos a exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar, son uns artistas.
Por último comimos as castañas asadas que estaban riquísimas.
Aquí tedes algunha fotiño.









martes, 29 de octubre de 2013

SAMAÍN

Xa chegou Samaín e gústanos moito....Todos os nenos e nenas da aula participaron na decoración da escola para celebrar esta festa. Traballaron moito coas súas familias, xa veredes que cousas máis bonitas e divertidas fixeron.