lunes, 3 de febrero de 2014



SEGUIMOS POR NORTEAMÉRICA CON MADLENKA

Pouco a pouco a clase das xoaniñas imos aprendendo e descubrindo máis cousas da cultura e das costumes de Norteamérica. A verdade é que estas xoaniñas son moi traballadoras, pois cada día traennos á aula distintos materiais relacionados con esta temática que buscan e elaboran coas súas familias.

Esta vez, as achegas viñeron de Lola, Sara, Álvaro e Christian.
Lola trouxonos un libro de Nova York que recolle unha morea de cousas desta cidade. E un cadernillo moi bonito que fixo cos pais no que nos aporta moitos datos de Nova Orleans.


 Sara ensinounos como son os dólares, achegounos un libriño de imaxes no que aparece moita información de América do Norte e amosounos un pano no que aparece a famosa águia.


Álvaro e Christian explicáronnos, por medio de este libro, distintas cousas duns antigos habitantes destas terras; os indios.
 


DÍA DA PAZ

O pasado xoves 30 de xaneiro, os nenos e nenas da escola de Carrio fomos o edificio da Senra para festexalo Día da Paz  en compañía dos compañeiros e compañeiras das outras escolas do CRA.

Á verdade é que o pasamos bomba; pois fixemos distintas actividades que, ademais de ser divertidas, servíronnos para traballar e recordar moitos  valores necesarios para acadar a Paz no mundo como: o compañerismo, o respeto, a bondade, o saber perdoar, as actitudes de axuda cara os demais, a gratitude, a xenerosidade, …

Para iso, en primeiro lugar, os nenos e nenas das distintas escolas presentaron ó resto de compañeiros o dereito da infancia que estiveran traballando eses días na aula coa súa mestra. Nós ensinámoslles o libriño que coa axuda das familias fixemos para traballar o dereito de identidade e explicámoslles o que investigamos sobre o significado dos nosos nomes.





 Logo baixamos ó ximnasio realizar distintos xogos basados no traballo en equipo. 





Tamén recibimos a visita de Anxo Moure o cal nos narrou unhas historias que nos gustaron moito.




 Xa para finalizar a saída, todos xuntos cantamos a canción que a profe María nos ensinou e soltamos unhas pombas  para que levaran a Paz polo mundo adiante.

domingo, 26 de enero de 2014


Chegamos a Norteamérica
Tras investigar e aprender una morea de cousas de Xapón, neste segundo trimestre abandonamos o continente asiático para viaxar con Madlenka ata América do Norte e así poder coñecer  os lugares, monumentos, personaxes, costumes,…   máis destacados, especialmente os de Nueva York, pois  é a cidade na que Madlenka vive.
Para iniciarnos nesta aprendizaxe, os alumnos e alumnas da aula das xoaniñas xa comezaron a traer a escola distintos materiais relacionados con esta temática.
A primeira achega fixoa Lucía, traéndonos, ademais de distintas informacións e imaxes das paisaxes e monumentos máis característicos desta zona, unha Estatua da Liberdade algo máis pequeniña que a orixinal e un libriño.



Daniela ensinounos un libro de animais de todo o mundo, no cal poidemos coñercer as especies propias da terra de Madlenka, e postais tan bonitas coma estas.


Sara e Martín tamén nos trouxeron moita información.




Moitas grazas por todos estos materiais familias.
Esta viaxe aínda acaba de comezar, así que xa vos iremos contando e amosando máis cousiñas.

lunes, 23 de diciembre de 2013


OS REIS MAGOS

A aula das bolboretas e das xoaniñas o venres pasado recibimos unha visita na escola que nos gustou e emocionou moitísimo. Viñeron a vernos, nada máis e nada menos, que as súas maxestades de Oriente.
Durante a súa estadía connosco cada neno/a aproveitou para darlle a súa carta e cantámolles a panxoliña que a profe María nos ensinou. Pero isto non foi todo, pois os reis tamén agasallaron a cada neno/a  cun globo e cun lote de contos para a aula.



 O APALDADOR
O mércores pasado os nenos e nenas da escola de Carrio recibimos a visita dunha das personaxes máis típicas do Nadal galego, o apalpador.
Durante a súa visita contounos unha morea de historias, deunos a probar unhas mazás riquísimas que trouxo da súa terra, o Courel, e deixounos como agasallo un saquiño cheo de noces e castañas.





lunes, 16 de diciembre de 2013


OBRADOIRO DE NADAL

Con motivo da chegada das festas de nadal, a semana pasada, na aula das xoaniñas estivemos moi atarefados facendo un obradoiro de adornos navideños para decorar a clase. Para a súa realización empregamos distintos materiais reciclados que os nenos/as trouxeron da casa.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades algúns dos adornos que elaboramos e o ben que o pasamos manipulando e traballando cos distintos materiais.

Boliñas navideñas

 










Estrelas






Árbores de nadal