miércoles, 4 de junio de 2014
VISITAMOS A LAVADEIRO DE CARRIO
Hai uns días a aula das bolboretas e das xoaniñas fixemos xuntos unha camiñata por Carrio para coñecer máis de preto algúns dos seus lugares máis característicos e así poder seguir traballando e aprendendo cousas relacionadas co Proxecto de Bergondo que estamos estudando.
Así pois, armámosnos de gorras, mochilas e chalecos e botámonos a andar para visitar o lavadeiro e o parque.
jueves, 29 de mayo de 2014
MÁIS BERGONDO
viu e explicounos como eran.
Para que sigamos a aprender cousiñas do noso concello, as xoaniñas seguen a traer materiais das súas casas relacionadas co tema.
Esta vez os materiais trouxéronnolos HUGO e LUCIA.
Hugo foi de paseo á praia de Regueiro e recolleu unha morea de cunchas para ver na clase. Como o seu papá e a él tamén lle gusta moito a pesca, aproveitaron a ocasión para facernos un mural no que aparecen os principais útiles de pesca (cana, plomos, ...).
Grazas ás súas explicacións poidemos saber para que servía cada cousa e como se emprega.
Lucía foi coa familia visitar o Pazo de Mariñán e tróuxonos un albume cunha morea de fotos que sacou do lugar. Grazas a iso, poidemos coñecer mellor este espazo.
Ademais tamén nos contou moitas das cousas que alíviu e explicounos como eran.
jueves, 22 de mayo de 2014
VISÍTANOS A POLICÍA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL
Hai uns días na escola de Carrio recibimos dúas visitas moi especiais: a de PROTECCIÓN CIVIL e a da POLICÍA LOCAL de Bergondo.
Como saben que estamos a estudar as cousiñas máis destacadas do noso concello, quixeron achegarse ata a escola para falarnos dos servizos que prestan e explicarnos a gran labor que desempeñan.
Foi unha visita coa que aprendimos moitas cousas e coa que desfrutamos un montón.

miércoles, 21 de mayo de 2014
COÑECEMOS BERGONDO
Despois de percorrer moitos países para coñecer os seus aspectos culturais máis relevantes, Madlenka quere finalizar a súa viaxe polo mundo en Bergondo; para así poder descubrir e disfrutar dos seus elementos históricos, xeográficos, artísticos, sociais e paisaxísticos máis destacados.
Por iso, desde hai unhas semanas as xoaniñas xa estamos mans á obra co seu estudo e xa estivemos a traer materiais das nosas casas para poder profundizar e traballar mellor o tema.
Mirade cantas cousiñas:

martes, 20 de mayo de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
TRABALLAMOS O HORTO
Coa chegada do bo tempo as xoaniñas puxémonos mans á obra para plantar no horto da escola distintas flores, hortalizas e verduras que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.
Xa estamos ansiosos/as por velas medrar e comezar a recoller algún dos seus froitos.
Por iso tódolos días encargámosnos de coidalas e regalas para que vaian adiante.

miércoles, 7 de mayo de 2014
SOMOS
CABALEIROS MEDIEVAIS
Aproveitando que dentro do proxecto da Idade Media
estamos centrados no estudo dos cabaleiros medievais, ocorreusenos que, igual
que fixo don Quixote da Mancha, podíamos construir os nosos propios útiles para ser
cabaleiros.
Por iso decidimos facer escudos e
espadas, reflexando nos escudos o debuxo alusivo o apelido de cada neno/a.
Mirade que ben nos quedou o resultado final.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)