Hoxe cando estabamos no patio vimos un canciño que estaba perdido. Deunos moita pena e fíxonos ilusión. Puxémoslle un pano no pescozo e unha cordiña. Chamamos a protección civil de Bergondo e viñeron a buscala nun coche cunha xaula de remolque. Levarona ao veterinario para ver si atopan ao seu dono e para curala das feridas.
É a nosa nova amiga
Pobriña!! Esperemos que se recupere pronto e poida volver algún día de visita. A verdade é que hoxe á saída da escola tódolos nenos estaban encantados coa visita.
ResponderEliminar