jueves, 27 de marzo de 2014


VISÍTANOS LIA

Hoxe a aula das bolboretas e das xoaniñas tivemos o gusto de recibir a visita de Lia; unha moza veterinaria que durante un tempo estivo desenvolvendo a súa labor en Brasil e en Perú e que hoxe quixo vir á escola de Carrio a contarnos a súa labor aló e a presentarnos moitos dos animais característicos daquela zona.
Para iso trouxonos unha chea de fotos e algúns recordos característicos do lugar como colares e unha máscara feita con elementos naturais.




Dende aquí aprobeitamos de novo a ocasión para darche as grazas por todo. GRAZAS LIA!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario