jueves, 5 de febrero de 2015

Día da Paz

O venres 30 de xaneiro, fixemos unha saída á Senra para celebrar o día da Paz cos nenos e nenas das outras escolas.
Foi unha saída pasada por auga.
Alí tivemos a visita da escritora e a ilustradora do libro Man,  o alemán de Camelle.
Este libro xa o viramos na escola con Isa e gustounos moito a historia que conta. Elaboramos un mural todas as escolas de Camelle coas súas casas, o mar, etc
A escritora contounos como surxira a idea de escribir o libro e a ilustradora explicounos cómo fixera os debuxos . Foi moi interesante.
Despois pintamos unhas pedras como se fosen as do museo de Man en Camelle.
Por último, cantamos unha canción da paz que aprendimos coa profe María.









1 comentario:

  1. Ola a tod@s, foi un pracer compartir con todos vós o Día da Paz, e sobre todo ver a eses pequenos artistas, que fixeron uns fermosos debuxos nas pedras. Estou segura que a Man encantaríanlle. Moitas grazas e bicos a feixes.

    ResponderEliminar