jueves, 27 de marzo de 2014


AMÉRICA LATINA

Preparamos, listos,  despegamosssssss….
Sen saír do continente americano, nesta ocasión Madlenka desprázase ata América Latina disposta a descubrir os aspectos culturais, étnicos, xeográficos e sociais máis destacados dos diferentes países que a conforman.
As xoaniñas xa temos unha morea de gañas de comezar a coñecer cousas deste lugar así que xa fomos traendo á aula distintos materiais e informacións que foron recadando na casa coa axuda dos papás e mamás.
Mirade, mirade…
Sara sorprendeunos con un chaqueta feita en Perú con lá de llama e cunha instrumento musical moi característico deste país, unha zampoña.



Tamén nos trouxo dous alimentos típicos de alí: uns grans de café e unha lima. Pois México, xunto con Arxentina e Brasil, é o primeiro exportador mundial de limas e limóns.

Lucía, pola súa parte, trouxo unha película de Tadeo Jones que mostra moitas cousas de Perú e un mural que fixo coa familia no que recollen algúns dos aspectos máis destacados de América do Sur e explicounos como se transforma o café dende que se recolle da planta ata que chega á taza.


Outra das nosas xoaniñas achegou unha máscara característica das tribus de América do Sur, un gran pelícano tallado en madeira e dúas mantas peruanas bordadas.



 Pero isto non é todo: Lola Trouxonos un libro que explica moi ben os aspectos máis signficativos destas terras, Mateo ensinounos cales son as bandeiras dos distintos países que conforman Latinoamérica e Álvaro e Christian amosáronnos un caderno que recolle tamén moita información relevante desta parte do continente americano.



Con Aroa descubrimos como é a bandeira de Uruguay e os billetes e moedas que alí empregan, vimos como é un mate e unha bombilla e ensinounos un tambor uruguayo.







A última das achegas que tivemos ata o de agora fíxoa Marta. Grazas os materiais que trouxo (un libriño e un mural), coñecimos alguns dos animais característicos de América Latina e algunhas curiosidades de Colombia. 



Como vedes estamos aprendendo moitas cousiñas grazas as familias, que cada día traennos máis materiais.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario