lunes, 17 de marzo de 2014



FACEMOS PAN

Como xa estamos a piques de poñerlle fin ó proxecto de "A Eiruga Larpeira", no que levamos traballando dende a volta das vacacións de Nadal, decidimos que unha das actividades finais que podíamos realizar era facer pan. Eso si, acordamos que da parte do forneado encargaríase soamente a mestra para evitar calquer risco ou inciente.
E así foi polo que o xoves pasado puxémonos mans á masa.

O primeiro que fixemos foi pesar as cantidades que precisábamos, observar os ingredientes que íamos empregar e manipulalos para coñecer a súa textura e olor.


Unha vez feito isto, desfixemos a levadura en agua e engadímoslle un pizca de sal e unha culler de aceite. Grazas a isto poidemos comprobar que a auga e o aceite a pesar de estar no mesmo recipiente non se mesturaban.


A continuación mesturamos isto coa fariña e cada un púxose a amasar o seu boliño.

Cando a masa estivo listo deixámola descansar para que levadara.
Para acabar demoslle forma ó bolo, fixémoslle dous cortes e enfariñámolo ben para que a mestra se encargase do último paso; o forneado.


3 comentarios:

  1. Pasárono xenial e aprenderon moito. O boliño de pan xa non chegou á casa. Estaba tan rico que xa o comemos todo polo camiño.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar