miércoles, 2 de abril de 2014


A IDADE MEDIA
Dende hai unhas semanas a aula das xoaniñas comezamos un novo proxecto de traballo centrado na IDADE MEDIA; xa que se trata dunha temática que a todos e todas nos gusta e interesa moito. Xa sabemos moitas cousas dos castelos, dos cabaleiros medievais, das princesas,… pero aínda queremos aprender moito máis.
Por iso desde o minuto un estas xoaniñas xa comezaron a  buscar coas familias informacións e materiais relacionados co tema, que nos poidesen servir.
Mirade, Daniela trouxónos este libriño ilustrado que conta como era un Castelo e a vida nel.

Lola recolleu neste mural  algúns dos edificios e monumentos máis destacados de Betanzos construidos e alusivos a esta época.


Sara ensinounos un traxe típico de muller da Idade Media. Mirade que guapa está!

Hugo sorprendeunos cun gran Castelo de cartón  que el memo construíu coa axuda dos seus papás. Está chulísimo e gústanos moito.



Lucía trouxonos un quebracabezas relacionado con esta temática co que disfrutamos moito.


E Mariña tamén colaborou traendo un vídeo " LA LEYENDA DEL CASTILLO DE LOS DIENTES"

Estamos moi entusiasmados por seguir descubrindo e aprendendo cousas destes tempos.  Así que seguiremósvos contando.

1 comentario:

  1. Ola peques!! Déixovos un enlace que vos pode interesar sobre os castelos,os cabaleiros...etc. ¡Espero que vos guste!

    http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm

    ResponderEliminar