martes, 22 de abril de 2014


PREPARAMOS CACAO
O xoves 10 de abril puxemos fin á nosa viaxe por América Latina cunha actividade estrela que a todos e a todas nos gustou moito: a realización dun taller de cacao.
Para levalo a cabo contamos coa axuda dos papás de Nuno e Lola, pois eles foron os que nos explicaron todo o proceso de elaboración.
Pero ademais de pasalo moi ben aprendimos moitas cousiñas referentes a esta temática grazas á súa colaboración.
O primeiro que soubemos é que os grans de cacao sácanse duns froitos que nacen nunhas árbores como estas.
Coñecido isto puxémonos mans á obra e comezamos co proceso de elaboración.
Para iso, tostamos os grans de cacao…


Pelámolos…

Machacámolos todos ben e pasámolos polo muíño ata que quedaron feitos case polvo….

Mesturámos o polvo de cacao con azucre; pois o cacao so é amargo.

E por último degustámolo nun vaso de leite




No hay comentarios:

Publicar un comentario