O venres tivemos unha mañá moi atarefada, primeiro fumos á Senra a ver una obra de teatro: O murmuio do mar, e gustounos moito.
A alcaldesa entregou o premio do marcapáxinas das Letras Galegas a Gabriel de 4 anos de Guísamo.
Despois merendamos e preparámonos para ir á praia de Gandarío.
Ao chegar á praia recibiunos Protección Civil e vimos como chegaba a embarcación de salvamento.
Despois recollimos lixo para poder facer os xogos
e cos xogos o pasamos xenial .
Os voluntarios de Protección Civil nos explicaron todo o material que utilizaban, ensinaronnos a caseta de socorrismo e déronnos uns agasallos. Vaia sorte!!!! Moitas grazas!!!
E para rematar cantamos todos xuntos a canción da Caracola Manola
No hay comentarios:
Publicar un comentario