jueves, 29 de mayo de 2014

 MÁIS BERGONDO

Para que sigamos a aprender cousiñas do noso concello, as xoaniñas seguen a traer materiais das súas casas relacionadas co tema.
Esta vez os materiais trouxéronnolos HUGO e LUCIA.
Hugo foi de paseo á praia  de Regueiro e recolleu unha morea de cunchas para ver na clase. Como o seu papá e a él tamén lle gusta moito a pesca, aproveitaron a ocasión para facernos un mural no que aparecen os principais útiles de pesca (cana, plomos, ...). 
Grazas ás súas explicacións poidemos saber para que servía cada cousa e como se emprega.
Lucía foi coa familia visitar o Pazo de Mariñán e tróuxonos un albume cunha morea de fotos que sacou do lugar. Grazas a iso, poidemos coñecer mellor este espazo. 
Ademais tamén nos contou moitas das cousas que alí
viu e explicounos como eran. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario