lunes, 3 de febrero de 2014



SEGUIMOS POR NORTEAMÉRICA CON MADLENKA

Pouco a pouco a clase das xoaniñas imos aprendendo e descubrindo máis cousas da cultura e das costumes de Norteamérica. A verdade é que estas xoaniñas son moi traballadoras, pois cada día traennos á aula distintos materiais relacionados con esta temática que buscan e elaboran coas súas familias.

Esta vez, as achegas viñeron de Lola, Sara, Álvaro e Christian.
Lola trouxonos un libro de Nova York que recolle unha morea de cousas desta cidade. E un cadernillo moi bonito que fixo cos pais no que nos aporta moitos datos de Nova Orleans.


 Sara ensinounos como son os dólares, achegounos un libriño de imaxes no que aparece moita información de América do Norte e amosounos un pano no que aparece a famosa águia.


Álvaro e Christian explicáronnos, por medio de este libro, distintas cousas duns antigos habitantes destas terras; os indios.
 

1 comentario:

  1. Sodes ben traballadores e traedes moitos materiais ¡¡ canto ides aprender de norteamérica !! ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar