O proxecto da Eiruga Larpeira, no que xa levamos traballando dende a volta do Nadal e co que estamos a coñecer unha morea de cousas sobre os alimentos e os hábitos saudables, esta vez levounos a descubrir que os vexetais (ademais de para comer) tamén se poden empregar para facer tintes. Pois con eles e con outros elementos que atopaban na natureza era co que os nosos antepasados elaboraban as súas pinturas.
Para facelos nós empregamos zenorias, remolacha, grelos, azafrán e café.
Mirade que coloridos nos quedaron.
Pero para isto traballamos moito:
Unha vez os tivemos feitos usámolos para facer distintas pinturas con pinceis e palliñas. Foi moi divertido.
¡¡Unha actividade estupenda,moi interesante e creativa!!Noraboa polo traballo. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminar