DÍA DA PAZ
O pasado xoves 30 de xaneiro, os nenos e nenas da
escola de Carrio fomos o edificio da Senra para festexalo Día da Paz en compañía dos compañeiros e compañeiras das
outras escolas do CRA.
Á verdade é que o pasamos bomba; pois fixemos distintas
actividades que, ademais de ser divertidas, servíronnos para traballar e
recordar moitos valores necesarios para
acadar a Paz no mundo como: o compañerismo, o respeto, a bondade, o saber
perdoar, as actitudes de axuda cara os demais, a gratitude, a xenerosidade, …
Para iso, en primeiro lugar, os nenos e nenas das
distintas escolas presentaron ó resto de compañeiros o dereito da infancia que
estiveran traballando eses días na aula coa súa mestra. Nós ensinámoslles o
libriño que coa axuda das familias fixemos para traballar o dereito de
identidade e explicámoslles o que investigamos sobre o significado dos nosos
nomes.
Logo baixamos ó ximnasio realizar distintos xogos
basados no traballo en equipo.
Tamén recibimos a visita de Anxo Moure o cal nos narrou unhas
historias que nos gustaron moito.
Xa para finalizar a saída, todos xuntos cantamos a
canción que a profe María nos ensinou e soltamos unhas pombas para que levaran a Paz polo mundo adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario