domingo, 26 de enero de 2014


Chegamos a Norteamérica
Tras investigar e aprender una morea de cousas de Xapón, neste segundo trimestre abandonamos o continente asiático para viaxar con Madlenka ata América do Norte e así poder coñecer  os lugares, monumentos, personaxes, costumes,…   máis destacados, especialmente os de Nueva York, pois  é a cidade na que Madlenka vive.
Para iniciarnos nesta aprendizaxe, os alumnos e alumnas da aula das xoaniñas xa comezaron a traer a escola distintos materiais relacionados con esta temática.
A primeira achega fixoa Lucía, traéndonos, ademais de distintas informacións e imaxes das paisaxes e monumentos máis característicos desta zona, unha Estatua da Liberdade algo máis pequeniña que a orixinal e un libriño.



Daniela ensinounos un libro de animais de todo o mundo, no cal poidemos coñercer as especies propias da terra de Madlenka, e postais tan bonitas coma estas.


Sara e Martín tamén nos trouxeron moita información.




Moitas grazas por todos estos materiais familias.
Esta viaxe aínda acaba de comezar, así que xa vos iremos contando e amosando máis cousiñas.

4 comentarios:

  1. Como medraron estes nenos e nenas da escola das xoaniñas!! Agora que estou máis forte disfruto moito vendo as vosas actividades e o moito que estades aprendendo con Teresa. Xa vexo que colaborades moito nas actividades da aula e de seguro que ides coñecer un montón de cousas de America do Norte. Seguide traballando así e portándovos tan ben, que xa me dixo un paxariño que érades moi bos. Un biiiicoooo moi especial da profe Helena

    ResponderEliminar
  2. Canto traballan estos nenos e nenas!!!! Nótase que teñen moito interés en coñecer os países por onde viaxa Madlenka e seguro que máis de un estaría encantado de facerlle unha visita.

    ResponderEliminar
  3. Canto traballan estos nenos e nenas!!!! Nótase que teñen moito interés en coñecer os países por onde viaxa Madlenka e seguro que máis de un estaría encantado de facerlle unha visita.

    ResponderEliminar
  4. Canto traballan estos nenos e nenas!!!! Nótase que teñen moito interés en coñecer os países por onde viaxa Madlenka e seguro que máis de un estaría encantado de facerlle unha visita.

    ResponderEliminar